Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo Miño
Sociedad | Actualidad

Maiores de Tomiño cultivan corpo e mente

O programa Reactívate aposta polo envellecemento activo dos veciños de 55 anos en adiante

Rubén García, concelleiro de Benestar Social de Tomiño, sobre o programa Reactívate

Rubén García, concelleiro de Benestar Social de Tomiño, sobre o programa Reactívate

02:46

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Tomiño

En colaboración con la asociación Afaga Alzheimer, el Concello de Tomiño pon en marcha un ano máis o programa Reactívate, ideado para fomentar a vida activa entre os veciños de maior idade. Se trata de un plan de envellecemento activo e de hábitos saudables que busca mellorar a calidade de vida, promover as relaciónssociais e a autonomía persoal a través dun enfoque multidisciplinar entre os tomiñeses maiores de 55 anos.

As clases comezarán o vindeiro 2 de novembro e nelas as persoas participantes poderán gozar de diferentes actividades que favorezan a memoria, a actividade física moderada ou o lecer, sempre en compañía de máis xente da mesma idade ou incluso máis nova. O programa de actividades desenvolverase ata o vindeiro mes de xuño con clases dous días á semana, luns e xoves, de 10:00 a 12:30 horas, e terá un custe de 20 euros ao mes.

As sesións levaranse a cabo nas instalacións da Asociación Vontade, no Lugar A Rocha, 19B. En total serán 5 horas de actividades semanais nas que se abordarán da man de persoal profesional as áreas cognitiva, socioeducativa e física para mellorar a súa saúde e calidade de vida de todas e todos os participantes e manter as súas habilidades cognitivas o maior tempo posible. As persoas interesadas en sumarse a esta iniciativa poden xa inscribirse de forma presencial, a través da páxina web do Concello ou chamando ao teléfono 986 622 001.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00