Xosé Manuel Soutullo, nomeado novo director da Editorial Galaxia
Soutullo dirixe a Fundación Penzol e é o conselleiro de Galaxia
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/5CZUDBVISBEXPCJP4CWLC4FWXQ.png?auth=1ae4d5eab5f57a95b5e52ee8d31d817fe465035f870d7c9f96a48a80f93b9e3d&quality=70&width=650&height=650&focal=290,125)
Xosé Manuel Soutullo foi nomeado este venres director da Editorial Galaxia
![Xosé Manuel Soutullo foi nomeado este venres director da Editorial Galaxia](https://cadenaser.com/resizer/v2/5CZUDBVISBEXPCJP4CWLC4FWXQ.png?auth=1ae4d5eab5f57a95b5e52ee8d31d817fe465035f870d7c9f96a48a80f93b9e3d)
O consello de administración da Editorial Galaxia acordou o nomeamento de Xosé Manuel Soutullo como director xeneral da Editorial, após a dimisión de Francisco Castro o pasado mes de setembro.
Segundo informou este pasado venres a editorial, o consello de administración acordou este nomeamento. Soutullo é actualmente director da Fundación Penzol e conselleiro da Editorial Galaxia, na que desenvolveu unha dilatada vida profesional no ámbito da edición e da produción cultural.
Dimisión de Castro
A dimisión de Francisco Castro produciuse despois da polémica por mor de que o escritor Alberto Ramos, nunha entrevista concedida a Praza Pública pola publicación do seu libro 'Os corpos dous Romanov' (editado por Galaxia), denunciase o seu proceso de edición e opinase sobre algúns aspectos da xestión da empresa cultural.