Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo Miño
Sociedad | Actualidad
Mercado de Nadal

Tui volverá celebrar o seu Mercado de Nadal entre o 1 de decembro e o 5 de xaneiro

O prazo de inscrición está aberto dende agora e ata o 5 de novembro

O Paseo da Corredoira encherase do espírito do Nadal do 1 de decembro ao 5 de xaneiro coa celebración do Mercado de Nadal organizado polo Concello de Tui.

Doce casetas de madeira, coidadosamente decoradas, albergarán os distintos postos de artesanía, gastronomía, decoración, agasallos, plantas… que abrirán diariamente achegando unha ampla variedade de produtos vinculados a esta época festiva. O Mercado de Nadal, organizado pola concellería de Emprego e Comercio, vén de publicar as bases que rexerán a celebración deste evento, e de abrir o prazo de solicitude para as persoas interesadas en contar cun posto no mesmo.

Haberá tres quendas de participación, do 1 ao 12 de decembro, do 13 ao 24 de decembro, e do 26 de decembro ao 5 de xaneiro. Poderán participar no Mercado persoas artesás e comerciantes que deberán presentar as súas solicitudes até ás 23 h do 5 de novembro no formulario en liña.

Como inscribirse

As persoas interesadas deberán enviar entre tres e cinco fotografías representativas do seus produtos ao correo mercadonadaltui@gmail.com. A participación é gratuíta aínda que se establece unha fianza de 150 €.

Unha vez pechado o prazo de inscrición a organización procederá á selección dos expositores nos que se dará prioridade aos que presenten produtos de carácter artesán e producidos a pequena escala, valorarán contar con razón social en Tui ou na comarca, a calidade, singularidade e carácter diferencial dos produtos, a variedade de sectores que estean representados no mercado para facelo máis atractivo, que sexan produtos fabricados en Galicia, contar con carta de artesán, e a realización de talleres creativos. As bases completas poden consultarse en tui.gal.

O Mercado de Nadal

O Mercado de Nadal 2023/24 abrirá de luns a xoves de 17 a 21 h, os venres de 17 a 23 h, os sábados, festivos e vésperas de festivos, de 12 a 14 h e de 17 a 23 h, e os domingos de 12 a 14 h e de 17 a 21 h. Permanecerá pechado o 25 de decembro e o 1 de xaneiro.

A concelleira de Comercio e Mercado, Ana Núñez, convida a participar neste Mercado de Nadal que tanto éxito ten rexistrado en edicións anteriores. Salienta coma ao longo de toda a época de Nadal este evento converte a Corredoira no epicentro das celebracións desta datas, e tamén sinala coma o mesmo repercute tamén positivamente no comercio e na hostalería local.

As bases completas poden consultarse en tui.gal.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00