Sociedad

O músico lucense Bruno Villamor pide axuda para recuperar a súa zanfona

Foi roubada do local da asociación Cántigas e Frores, da que forma parte

Bruno Villamor coa zanfona roubada durante un programa especial de Radio Lugo

Lugo

O músico lucense Bruno Villamor, integrante de Cántigas e Frores, pide axuda a través das redes sociais para recuperar a súa zanfona, para el "un instrumento único". Fou roubada do local da agrupación musical mentres se atopaba en Pamplona, impartindo uns cursos.

Explica que a botou en falta ó seu regreso, ao pasar polo local e comprobar que non se atopaba no almacé onde habitualmente gardan os instrumentos. "Busqueira por todas partes", asegura, pero ao non ser capaz de encontrala deu por suposto que alguén a roubara e presentou unha denuncia.

Só se botou en falta a zanfona no loca da agrupación musical. É un instrumento valioso, cun valor económico que ronda os 4.000 euros, ao que lle engade tamén o valor sentimental que ten para el. A singularidade da zanfona, por outra parte, fai difícil que poida venderse no mercado negro sen levantar sospeitas.

“Hay instrumentos que son prácticamente idénticos”, di Villamor, porque se producen en serie, esta zanfona é “única e moi facilmente identificable”. Foi fabricada polo artesán Xaneco Tubío cuns elementos engadidos por el máis polo propio músico que a fan única: "Cada artesán ten a súa forma de facela e, ademais, cada intérprete engádelle as súas cousas". Asegura que coma a súa zanfona "non hay outra igual".

Fai un chamamento a través das redes sociais para que quen crea tela visto á venta en tendas de segunda man ou en Internet se poña en contacto con el ou coa policía. Advirte ás persoas que a levaron que lles vai ser practicamente imposible vendela sen que ninguén a recoñeza: "Que a devolvan, e non pasa nada", pide o músico.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00