Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O sector turístico de Mazaricos medrou un 400% en oito anos

O alcalde analizou a actualidade municipal no Pleno Aberto de Radio Nordés

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Pleno Aberto con Juan Blanco alcalde de Mazaricos (18/10/2023)

00:00:0042:33
Descargar

Costa da Morte

Juan Blanco estivo hoxe mércores no Pleno Aberto no programa Vivindo a Costa da Morte de Radio Nordés, o alcalde de Mazaricos confirmou o importante crecemento do sector turístico no municipio, apertura de establecementos e pisos de uso turístico que viven todo o ano da chegada de visitantes ata o punto de dificultar o aluguer para os veciños do concello. A aposta polo Camiño de Santiago serviu de revulsivo pero neste momento, asegura Blanco, a gastronomía e o turismo de natureza están sendo dous grandes reclamos. Neste momento está en marcha o proxecto da senda do Xallas na que participan varios concellos.

O alcalde mazaricán foi moi crítico co fondo de compensación ambiental, reclamou que a Xunta debe pagar máis aos concellos que soportan unha gran carga de eólicos no seu territorio, Mazaricos supera amplamente os 100 muíños de vento polos que percibe uns 200.000 euros anuais, pouco máis do 40% do recadado pola administración autonómica por eles. Blanco é favorable a que os concellos se unan para reclamar á xunta un cambio no sistema de reparto, asegura que os veciños máis directamente afectados deben ser os que máis se beneficien.

Neste momento o concello ten en marcha varias obras de abastecemento de auga e están á espera da autorización da Xunta para construír un depósito dende hai dous anos.

Segundo contou o alcalde o concello está saneado economicamente, sen débeda e cun remanente dun millón e medio de euros.

Juan Blanco respondeu tamén a pregunta feita polo voceiro do partido popular José Manuel Caamaño sobre o proxecto da estación de bombeo da Ruña. Segundo asegurou o alcalde, non coñece o proxecto que aínda está Xunta. Aproveitou Blanco para recordar que Mazaricos foi o concello máis afectado pola construción do encoro da Fervenza e o que menos se beneficiou da creación das fábricas de ferroaliaxes.

Tamén falou de como avanza a residencia de Maiores xunto con outros asuntos de actualidade.

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir