Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A Xunta somete a información pública o plan de xestión da Paisaxe Protexida dos Penedos

Poderase consultar e presentar achegas no portal de transparencia e na web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Turismo de Galicia

Costa da Morte

A Xunta de Galicia someterá ao procedemento de información pública o proxecto de decreto polo que se aproba o Plan de xestión da paisaxe protexida dos Penedos de Pasarela e Traba, nos concellos de Laxe e Vimianzo.

Os penedos de Pasarela e Traba, declarados paisaxe protexida no ano 2008, son un conxunto de elevacións graníticas que ocupan unha superficie de aproximadamente 212 hectáreas cun notable interese xeolóxico que tamén destacan como elementos figurativos e culturais da paisaxe na que se localizan.

Tal e como se recolle no hoxe do DOG, no prazo dun mes, contado a partir deste martes 10 de outubro, poderase consultar toda a documentación no portal de TRansparencia da Xunta e na web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Tódalas persoas interesadas poderán enviar as súas alegacións ou suxestións preferentemente por correo electrónico ou a través dun escrito dirixido á Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

Este instrumento de planificación establecerá o réxime de usos e as actividades permisibles, así como as limitacións e medidas que se consideren necesarias para a conservación do espazo e a preservación dos hábitats e das especies. As paisaxes protexidas son aqueles espazos que, polos seus valores naturais, estéticos e culturais, e de acordo co Convenio da paisaxe do Consello de Europa, son merecedoras dunha protección especial.

A lexislación vixente tamén indica que nas paisaxes protexidas procurarase o mantemento das prácticas tradicionais que contribúan á preservación dos seus valores e recursos naturais e das relacións e dos procesos, tanto naturais como socioeconómicos, que contribuíron á súa formación e fan posible o seu mantemento.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir