A Guarda organiza un encontro cos veciños da Rúa Malteses para valorar o Plan de Rehabilitación
O encontro terá lugar o vindeiro luns 9 de outubro ás 19:30h no Salón de Plenos da Casa dos Alonso
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/SROPPKFEPNDJ3OP46LDOEESSGY.jpg?auth=0f4985ec3bcf544bc2442443cf06d05268b44c88b87809eca95fe3d3e1558448&quality=70&width=650&height=650&focal=3631,8734)
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/SROPPKFEPNDJ3OP46LDOEESSGY.jpg?auth=0f4985ec3bcf544bc2442443cf06d05268b44c88b87809eca95fe3d3e1558448)
O concello da Guarda acollerá o vindeiro luns día 9 de outubro ás 19:30h no Salón de Plenos un encontro cos veciños e veciñas da Rúa Malteses para expor o Proxecto Inicial de Rehabilitación desta rúa.
A Exposición desta reunión irá guiada pola arquitecta María Fandiño e na mesma darase a oportunidade aos veciños de expor o seu parecer e a portar ideas de cara á redacción do proxecto definitivo.
O concello, nun comunicado enviado aos medios, anima a toda a veciñanza a participar deste encontro e aportar as súas achegas.