Malpica expropiará unha parcela para o centro de saúde mentres segue sen data para a apertura do centro de día
Eduardo Parga estivo este mércores no espazo Pleno Aberto falando da actualidade do concello
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Pleno Aberto con Eduardo Parga (04/10/2023)
Costa da Morte
O alcalde de Malpica estivo hoxe en radio Nordés para participar no Pleno Aberto, un espazo no que os rexedores analizan a actualidade do seu municipio e contestan ás preguntas dos grupos da oposición.
Parga falou da relación co tenente alcalde Alfredo Cañizo e da polémica coa asociación de Oleiros. O alcalde asegura que intentará organizar directamente dende a alcaldía a vindeira Mostra xunto cos oleiros, pero aínda ten que falalo con Cañizo. Aínda que ten discrepancias co tenente alcalde, considera que os oleiros tampouco poden pedir que bote do goberno a un concelleiro.
Parga defendeu a situación económica municipal que conta con superávit e anunciou que van mercar varias parcelas para distintas actuacións. Con respecto ao futuro centro de saúde asegurou que, finalmente, van expropiar a parcela onde se vai construír. O alcalde tamén falou co futuro centro de día para o que aínda non hai data para a apertura. Con respecto ao PXOM dixo que terán que contratar unha nova empresa para reiniciar os traballos.
Os partidos da oposición tamén preguntaron neste Pleno Aberto, o voceiro do BNG, Miguel Varela, preguntou pola polémica acusación que fixo no último pleno sobre o ex alcalde, ao que acusou de roubar, mesmo de levarse unha impresora do concello.
O grupo socialista preguntou por medio do seu voceiro, Walter Pardo, cando o alcalde ía deixar de mentir.