"Nunca sufrimos ameazas. Non temos inimigos"
O responsable da empresa propietaria das escavadoras incendiadas pasou polos micrófonos de Radio Nordés Cadena SER

Unhas das máquinas calcinadas na madrugada do domingo

Vimianzo
Juan Carlos Sánchez, responsable da empresa "Francisco Gómez y cía" amosaba hoxe no "Vivindo a Costa da Morte" a súa sorpresa ante o ataque sufrido en dúas escavadoras da súa propiedade. Na noite do sábado ao domingo alguén provocou uns lumes que calcinaron dúas máquinas e deixaron parcialmente danada unha terceira.
O voceiro da empresa considera que os lumes foron provocados "sen dúbida". Un incendio que deixou abraiados aos responsables da constructora, xa que descoñecen cale pode ser o motivo que provocou este ataque contra as súas propiedades. "Gustaríame saber o motivo. É o que máis nos sorprende. Nós nunca sufrimos ningunha amezaza nin advertencia. Non temos inimigos... polo menos que nos conste" manifestaba Juan Carlos Sánchez nos micros de Radio Nordés.
O vivido na madrugada do domingo non semella un acto illado. "Este é o terceiro acto vandálico que sufrimos. Imos aos concursos de obra pública sen meternos con ninguén. Págannos por executar obras, nós non decidimos por onde van as estradas ou onde se poñen os muíños de vento" aseguraba Juan Carlos Sánchez. Nas últimas xornadas veñen de sufrir unha sabotaxe en Lugo e un intento de incendio nun camión en Campolameiro.
A máquinas calcinadas utilizábanse nas obras de remodelación da estrada que comunica Caxadas e Baíñas. O sucedido nesta fin de semana retrasará a finalziación dunha actuación que se preveía finalziada a metade de novembro."Isto ten uns perxuizos económicos. Somos unha empresa pequena que traballa con maquinaria propia. Temos que parar a obra, dar vacacións á xente porque non hai onde recolocala, retirar as máquinas incendiadas. Perder máquinas así perxudica moitísimo" confesaba Juan Carlos Sánchez. "Isto ten un obxectivo, pero non alcanzo a saber cal"