Ribadavia dase a coñecer en Portugal, o seu viño, a súa "Istoria", ...
Está participando na "1ª Bienal Intercultural, Transfronteiriça e Europeia de Vimioso"
Ribadavia
Ribadavia está participando estos días neste Congreso Internacional "Confluencias e Fronteiras". Trátase dunha bienal intercultural organizada en Vimioso en Miranda Do Douro e financiada polo Concello de Vimioso.
Está presente para difundir as actividades que fan relacionadas co voluntariado internacional e local, con presenza dun técnico da Omix, as actividades a nivel áreas de cultura coa presenza da concelleira nesta materia e o alcalde de Ribadavia, a nivel turismo, técnico de turismo, a nivel etnográfico e museístico, poñendo en valor o viño do Ribeiro tamén xa que é descoñecido nesa zona, estará presente o director do Museo Etnolóxico e do Museo do Viño de Galicia.
Asemade, promocionarase a Festa da Istoria, coa participación do grupo de Pandereteiras da Istoria e o grupo de baile medieval Donas con Cabaleiros, e tamén ca participación da banda A Lira.
Este é o punto de partida para elaborar un proxecto europeo que traia esta bienal o ano que vén a Ribadavia e para ir a Francia a promocionar Ribadavia e establecer hermanamento con estas zonas con tantos puntos en común con Ribadavia a nivel cultural como son a Bretaña Francesa e Mirando do Douro en Portugal.