Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Premio á excelencia turística para a Festa da Filloa de Muimenta

Para celebralo Ana e Donsinda, dúas irmás que levan medio século facendo filloas, pasaron a mañá cucharón en man na Praza de San Marcos para repartilas entre os veciños de Lugo

Participantes en la organización de la fiesta hicieron filloas frente al Pazo de San Marcos para celebrar el premio

Participantes en la organización de la fiesta hicieron filloas frente al Pazo de San Marcos para celebrar el premio

Lugo

Ana e Dosinda aprenderon a facer filloas cando tiñan once anos, na casa, e agora contan xa máis de cinco décadas de experiencia. Son dúas das filloeiras que a principios do mes de maio fan miles delas na festa de exaltación deste prato en Muimenta. O último ano fixeron máis de vinte mil, e esta mañá na Praza de San Marcos fixeron unha pequena demostración para celebrar que a Deputación de Lugo, a través do Consello Provincial de Turismo, recoñece as súas máis de tres décadas de traxectoria. Os veciños que puideron probalas aseguran que eo premio é ben merecido.

Daniel Pollán é o presidente da comisión que organiza a cita e sinala que están todos "moi contentos e orgullosos porque é o recoñecemento ao traballo de moitas mulleres e homes, porque tamén hai filloeiros, que manteñen unha tradición de hai moitos anos". En total son en torno a 60 persoas as que participan nunha festa que se organiza con meses de antelación, e para a que hai relevo xeracional: "moitos dos que participaban xa non están, pero tamén hai moita xente nova que quere aprender a facelas e bota unha man o día da festa", di Dosinda.

O segredo dunha boa filloa

As dúas irmás aseguran que non ten ninguna complicación, máis que a práctica. Para facer a masa só fan falta fariña, leite, ovos e agua, e ten que estar máis bien líquida. "Estas son saladas e levan un pouco sal na masa", apuntan, e hai que untar a sartén cun cacho de touciño mollado un en aceite de oliva antes de verter o amoado. "Se é só con aceite tamén serve, pero no saen igual", sentencia Dosinda. A clave, desvelan, está en que quede ben estendida para que saian finas, e quitaras cando empecen a dourarse.

Antía Montes

Radio Lugo

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir