A Biblioteca de Ribadavia irmándase cunha de Arxentina
Trátase dunha boa nova que parte dos contactos durante a pandemia

Irmandamento da Biblioteca de Ribadavia / red

Ribadavia
A Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia comunica que se concretou un irmandamento internacional cunha Biblioteca pública de Arxentina. Esta acción inscríbese nun dos eixos estratéxicos que queren desenvolver e que ten que ver coa vinculación e cooperación internacional no marco do Programa de Irmandamentos Internacional de Bibliotecas.
Neste caso, trátase dun acordo coa Biblioteca Popular Sarmiento de Villa Italia, en Tandil, provincia de Buenos Aires, Arxentina, e que ten como obxectivos desenvolver actividades vinculadas a estratexias de fomento de lectura, xestión social e cultural, servizos bibliotecarios e cultura dixital.
O acordo durará dous anos e xa está vixente.