Salud y bienestar | Ocio y cultura

Ramón Ares: "é imposible atopar facultativos para cubrir baixas"

O xerente da área sanitaria de Lugo valora a situación dos centros de saúde que perden médicos como Monterroso ou A Pontenova

Ramón Ares: "é imposible atopar facultativos para cubrir baixas"

Ramón Ares: "é imposible atopar facultativos para cubrir baixas"

10:26

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Lugo

"A asistencia está garantizada", así de claro é o xerente da área sanitaria de Lugo, Monforte e A Mariña cando se lle pregunta pola preocupación dos veciños de municipios coma Monterroso ou A Pontenova ante a perda de médicos nos centros de saúde. Ramón Ares asegura que dende o Sergas se está a facer "un esforzo importantísimo para cubrir as necesidades de atención médica, pero atopar facultativos é imposible".

Un dos últimos casos que salpica á provincia lucense é o de o concello de A Pontenova. Alí, en cuestión de meses, un dos tres médicos que habia xubilouse e ao cabo de pouco máis de quince días un segundo colleu a baixa. Deste xeito, un concello como o de A Pontenova, que conta cun censo de 2.000 habitantes, dispón dun único médico.

Pola súa banda, dende o BNG local, denuncian que hai que esperar até unha semana para poder renovar unha receta e, que "de seguir así se manifestarán en Lugo ou en Santiago" porque é unha situación, para eles, insostible. O concelleiro, Xurxo Gómez fala dun mínimo de "dous médicos" para cubrir a demanda deste municipio.

Vacinación

Este lúns 25 de setembro arrinca a campaña de vacinación para Lugo e provincia. Inacularanse doses contra a gripe e tamén contra a Covid-19. As contas do SERGAS é que, rematada esta semana, nesta primeira quenda o total de persoas vacinadas ascenda ás 3.000.

Segundo apunta o xerente, Ramón Ares, os primeiros en recibir estas doses serás os maiores de 65 anos usuarios de residencias públicas da provincia. "Comezamos a vacinar en toda a provincia a un tempo, para igualar os tempos ", comentaba na entrevista en Radio Lugo SER.

Ofertarase, dentro da campaña de vacinación fronte á gripe e á Covid que remata o 31 de decembro, a vacinación conxunta de ámbolos dous virus nos centros sociosanitarios. Este é o "primeiro chanzo dunha campaña que se realizará en diferentes puntos de vacinación e, ó igual que en campañas anteriores, será secuencial para favorecer a priorización dos colectivos con maior risco. Comezarase o luns en distintos centros sociosanitarios de Lugo, Cospeito, A Pastoriza, Taboada, Viveiro, Monforte de Lemos e o Saviñao, xornada na que se protexerá a uns 550 residentes. As vacinacións continuarán no resto da provincia nos seguintes días", informan dende o SERGAS.

Broqueolitis

De xeito paralelo, comezarase coa aplicación das doses do anticorpo monoclonal do Virus Respiratorio Sincitial (VRS). Galicia será pioneira en protexer aos cativos contra este virus que causa a bronquiolite e provoca ata un millar de hospitalizacións anuais en Galicia. Así, a partir do 25 de setembro, recibirán inmediatamente a dose correspondente tódolos nenos e nenas que nazan na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte. Serán vacinados no centro hospitalario nas primeiras 24-48 horas de vida aqueles que vaian nacendo dende ese 25 de setembro.

Esta inmunización é unha das novidades principais do novo “Calendario de inmunización ao longo de toda a vida”, do Programa Galego de Vacinación. Cómpre remarcar que Galicia foi a primeira rexión do mundo en anunciar a inmunización fronte ao VRS como parte do Programa Galego de Vacinación de 2023, decisión que despois foi seguida por outras comunidades autónomas.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00