Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo Miño
Sociedad | Actualidad
actividades

A Aula CeMIT da Guarda acolle este outono 5 cursos de habilidades dixitais

Os cursos son de balde e as inscricións están xa abertas no Centro Cultural en horario de mañá, no teléfono 986 61 1850

A aula CeMIT da Guarda, sita no primeiro andar do Centro Cultural, acolle a partires do mes de outubro 5 novos cursos de habilidades dixitais.

Arrancan os cursos de outono 2023 na Aula CeMIT do Centro Cultural enfocados a nivel básico e iniciación, a data de inicio está marcada para o 2 de outubro e continuarán ata o mes de decembro.

Os curso ofertados este outono son: Manexo do ordenador e internet, Editor de textos, Smartphone (curso novo neste outono), Redes Sociais (curso novo neste outono) e un curso para cativos de entre 9 e 15 anos.

Máis información e inscricións no Centro Cultural de xeito presencial de luns a venres en horario de 17:00h a 20:00h ou no teléfono 986 61 1850.

Sobre a Rede CeMIT

A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia, Rede CeMIT da Xunta de Galicia, configúrase como un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar as TIC e a Sociedade da Información na nosa comunidade e tamén das políticas de goberno en áreas como a empregabilidade, competitividade empresarial, e-inclusión, benestar e a e-Administración.

O concello da Guarda manten a aula CEMIT en funcionamento grazas a un técnico contratado a través da liña 3 do plan concellos da Deputación de Pontevedra, de fomento de emprego.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00