Última hora

GALA MICHELIN El restaurante Casa Marcial consigue tres estrellas Michelin y llega a lo más alto de la gastronomía

Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo Miño
Sociedad | Actualidad
Turismo

Un total de 7.826 persoas pasaron pola oficina de turismo de Oia neste verán

O Concello de Oia asumiu o servizo de información turística deste ano contando cunha axuda da Deputación de Pontevedra

Oficina de Turismo de Oia

Oficina de Turismo de Oia

A oficina de turismo de Oia consolida a súa tendencia de aumento de visitas en cada verán, acadando un total de 7.826 persoas durante a tempada deste ano, que se desenvolveu entre o 20 de xuño e o 15 de setembro. Esta cifra supón un incremento do 5,7% respecto da campaña de 2022, na que se rexistraron 7.404 visitantes.

Os principais usuarios da oficina de turismo de Oia foron, un verán máis, os peregrinos. Segundo a información recompilada polo persoal da oficina da Praza Centinela (Barrio do Arrabal), das 7.826 visitas contabilizadas, o 57% tivo como principal motivación o Camiño do Santiago. A segunda motivación foi a natureza (16%), seguida da cultura (13%) e a gastronomía (11%).

No que respecta ao lugar de orixe dos visitantes que fixeron uso da oficina, o 55% de persoas foron extranxeiras (4.297), en consonancia coa importancia do Camiño Portugués da Costa na afluencia turística ao municipio e o público internacional que atrae. O principal país extranxeiro foi Portugal (585 persoas), seguido de preto por Alemania (569) e Italia (538) e, a algo máis de distancia, por Francia (355).

En canto ao turismo procedente do territorio español, o principal lugar de orixe foi Madrid (964 persoas), seguida da propia comunidade galega (606 persoas). Outras comunidades con peso estatístico foron Andalucía (442 persoas), Comunidade Valenciana (277), Cataluña (217) e Castela e León (211).

O Concello de Oia asumiu o servizo de información turística deste ano contando cunha axuda da Deputación de Pontevedra que cubriu o 75% do custo total da contratación (7.000 euros concedidos ao abeiro das subvencións destinadas ao financiamento dos custos e dotación de persoal para a realización de tarefas de información en oficinas de turismo adheridas á Rede de Oficinas de Turismo Info Rías Baixas durante o ano 2023).

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00