Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Mandianes: “Nas festas non nos xuntamos para comer, comemos porque nos xuntamos”

O antropólogo e teólogo de Loureses fálanos en Hoy por Hoy Limia do significado das festas

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Entrevista con Manuel Mandianes, antropólogo de Loureses

00:00:0009:37
Descargar

A Limia

Manuel Mandianes é veciño de Loureses, parroquia de Aguís, no Concello dos Blancos. Naceu no 1942, pero está moi lonxe de estar xubilado. O antropólogo ourensán continúa a traballar aínda que xa en liberdade e “cando o fas en algo que che produce pracer, non é traballo”.

Mandianes colabora con certa frecuencia en distintos medios de comunicación, escribe en diarios dixitais, acaba de escribir un libro e está a escribir outro. “O libro que acabo de escribir voucho describir cunha imaxe, é como se estivera a escribir un puñado de auga. Cal é a esencia dese puñado? Sobre unha realidade grande, chamativa que agora estase a esmigallar constantemente sen os protagonistas sen dar conta”, afirma Mandianes dende unha reflexión constante.

AS FESTAS DENDE O PUNTO DE VISTA ANTROPOLÓXICO

En Hoy por Hoy a Limia, citamos a Manuel Mandianes para falar de festas tras un mes de agosto cheo delas. A esencia desas festas e o que contan de nós. “A festa é un ritual que rompe a monotonía do cotián cuxo significado trascende a realidade, xa que non é só descansar e comer. As miñas enquisas apuntan que a festa é a ledicia de xuntarse, unhas xuntazas que se resalta co bo comer e o bo beber. Non nos xuntamos para comer, comemos e bebemos porque nos xuntamos”, aclara Mandianes.

As festas son patromonio inmaterial e vanse adaptando ao lugar no que habitan, tamén os tempos. “A mesma festa cambia co tempo. En Loureses antes, a festa do Santo Antón era distinta. Celébrase o mesmo de xeito diferente, o tempo nos cambia e cambia as festas”, matiza este antropólogo da comarca da Limia.

A PROXIMIDADE: UN PRINCIPIO ANTROPOLÓXICO

A maior parte das festas teñen unha esencia relixiosa, o San Roque sen ir máis lonxe é unha das máis celebradas en Galicia o 16 de agosto. Mandianes, tamén teólogo, reflexiona sobre a crise de fé “nas institucións todas, tamén na Igrexia. As igrexias teñen moita menos xente que antes, sobre todo xente maior. Unha cousa é a crise e fé nas institucións, dogmas e obrigas impostas e outra a crise da relixiosidade. Hoxe hai unha procura espiritual que non ten que coincidir cunha procura cristiana dende o punto de vista católico”. O teólogo tamén se pronuncia nesta entrevista nos micrófonos de Hoy por Hoy A Limia sobre un principio antropolóxico: a proximidade.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir