A Romaxe de Crentes Galegos celebrarase na Limia coa axuda do CDR O Viso
Falamos en Hoy por Hoy a Limia co voceiro desta entidade, Antonio Corbal e tamén con Camilo Vila sobre as Olimpiadas Rurais
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Entrevista a Camilo Vila e Antonio Corbal en Hoy por Hoy Limia
A Limia
Fai uns días relizáronse as Olimpíadas Rurais Interpobos en Xinzo de Limia. Unhas xornadas que xa van pola súa segunda edición e das que a organización fai un balance moi positivo. Camilo Vila confirma que “os veciños e veciñas pasan o día en comunidade. Haberá terceira edición porque foi xenial e o apoio foi moi grande”.
Estas Olimpíadas están organizadas polo colectivo Ras e tamén polo CDR O Viso, entidade que tamén visitamos hoxe en Hoy por Hoy a Limia para coñecer os programas que continúan en marcha e tamén o que supón acoller a Romaxe de Crentes Galegos. Segundo o voceiro do CDR, Antonio Corbal “A comezos de xullo chamáronnos para falarnos da posibilidade de que a Romaxe de 2024 se celebre no noso territorio e sexamos nós, o CDR, a organización que posibilite a realización aquí”. Será o segundo sábado de setembro.
A Romaxe constitúe unha nova oportunidade para facer comunidade, tal e como nos contou Corbal que subliña “a espiritualidade como forza interna que nos dinamiza”.