O BNG pide á Xunta unha actitude "firme e proactiva" defendendo o emprego en Celsa Atlantic Laracha
Para os nacionalistas, a última decisión xudicial deixa "no aire" o emprego na factoría
O deputado do BNG, Daniel Pérez
A Laracha
O BNG vén de solicitar á Xunta de Galicia a adopción de medidas que garantan o emprego na factoría de Celsa en A Laracha. O deputado Daniel Pérez solicita ao goberno autonómica unha actitude "firme e proactiva" na defensa dos postos de traballo logo de abrirse un escenario de incerteza co fallo do Xulgado Mercantil número 2 de Barcelona que dá a razón aos acreedores fronte os actuais donos. Os nacionalistas rexistraron unha batería de iniciativas reclamando unha resposta coordinada entre Xunta e concellos de Carballo e A Laracha para garantir a continuidade da fábrica.
A sentenza do xulgado barcelonés avala un plan dos acreedores que supón, logo dunha quita, a refinanciación da débeda e o desprazamento dos actuais propietarios. Á espera de dilucidar se esta operación precisa do visto e prace do Consello de Ministros, para os nacionalistas non ofrece dúbida o escenario de incerteza que se cerne sobre os 200 empregos (directos e indirectos) e que ademais fornce dun importante tráfico de mercadorías ao porto da Coruña. Daniel Pérez solicita á Xunta que aclare os pasos a dar para defender o emprego e que se reúne de inmediato cos representantes dos traballadores.