Felipe Traveso: “A liña de alta tensión atravesaría Sandiás dunha punta a outra”
O alcalde de Sandiás confirma que presentarán alegacións aos proxectos eólicos en información pública
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Felipe Sandiás: "A liña de alta tensión atravesa o concello dunha punta a outra"
Ourense
"A liña de alta tensión atravesa o concello dunha punta a outra. Atravesa o Camiño de Santiago, atravesa unha zona de concentración parcelaria, atravesa unha zona que temos chan urbanizable delimitado", explica preocupado o alcalde de Sandiás ante a información pública de tres proxectos eólicos que afectarían ao seu concello.
O Ministerio para la transición ecolóxica ten en información pública tres proxectos: “A Limia-Sarreaus”, “A Limia-Altos de Verín” e “A Limia-Fontefría” que, ademais dos aeroxeradores, supoñen a instalación dunha liña de alta tensión para transportar a enerxía. Tamén a plataforma Stop Eólicos Xurés-Celanova estuda interpoñer alegacións ante uns proxectos que “empezan en Castrelo do Val, despois outro pega en Cualedro e o da Limia-Sarreaus, estes dous son un mesmo proxecto porque comparten liña de alta tensión e as poligonais se superpoñen nun punto moi concreto, na aldea de Baldriz, en Cualedro”, explica Erik Dobaño dende a plataforma.
Deste xeito a Limia sumaría 32 aeroxeradores de 240 metros de altura afectando a Trasmiras, Sarreaus, Cualedro e Xinzo de Limia o que “cambiaría a paisaxe da Limia, pero tamén influiría na saúde das persoas e sobre as augas. As máquinas estarían, nalgúns casos, a menos de 2 quilómetros de núcleos de Xinzo de Limia”.
Ante esta situación a Stop Eólicos Xurés-Celanova iniciará unha campaña informativa a partir do día 14 en Xinzo. Ademais celebrarán un acto reivindicativo en Covas, pertencente ao concello dos Blancos, o domingo 17.
En relación á liña da alta tensión, Erik Dobaño sostén que “sairía de Castrelo do Val, do parque de Fontefría, e percorrería de este a oeste por catro comarcas: Monterrei, A Limia, terras de Celanova e O Ribeiro chegando a Castrelo de Miño. Son 18 concellos os afectados”. O primeiro concello que se pronunciou de xeito público foi o de Sandiás, dende o que Felipe Traveso fixo público un bando no que comunicou a toda a veciñanza da previsión dunha liña de alta tensión e que existe un prazo de “20 días hábiles dende o 31 de agosto de 2023”. Traveso apuntou que non está en contra "do progreso", pero quere que se faga da mellor maneira posible "para que incida o mínimo posible nos veciños", por iso afirma que si é unha liña subterránea "non pasaría nada".