Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo Miño
Sociedad | Actualidad

As Festas do Alivio máis inclusivas

Durante a tarde do domingo as atraccións feirais de Tomiño funcionarán sen música nin megafonía.

Entrevista a Begoña Cambra, vicepresidenta da asociación Un Máis

Entrevista a Begoña Cambra, vicepresidenta da asociación Un Máis

04:07

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Tomiño

Unha das novidades este ano das tradicionais Festas do Alivio de Tomiño ten como obxetivo lograr a maior inclusividade posible. Para conseguilo, o Concello; a Comisión de Festas das Nosa Señora do Alivio, e a asociación de nais, pais, familiares e amigos de persoas con TEA, Un Máis, promoven unha iniciativa parareducir os niveis de ruído e facilitar que as persoas con hipersensibilidade auditiva ou calquera outro trastorno que produza problemas sensoriais poidan tamén gozar das atraccións e da festa.

Deste xeito, este domingo 10 de setembro de 16:30 a 19:00 horas se poderá gozar de máis de dúas horas de atraccións sen son, música ou megafonía e non se realizará ningunha actividade que prexudique ou desfavoreza o uso e desfrute das atraccións e actividades por parte das persoas con sensibilidade acústica. "Estamos encantados porque podemos xuntarnos as familias da asociación e ver como os nosos fillas poden xogar xuntos, xa que senón se enmudecera non poderíamos ir. Cada neno ten unha problemática diferente, a uns moléstanlle as luces, a outros os petardos ou as bombas de palenque...O meu fillo, por exemplo, non pode estar en sitios con aglomeracións de persoas", explicou en Begoña Cambra, vicepresidenta de Un Máis, nunha entrevista en Hoy por Hoy Baixo Miño.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00