Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O PIMDRural prestou servizo a preto de 70 mulleres en situación de vulnerabilidade da Costa da Morte

Rexistrouse un importante incremento de intervencións na área psicolóxica debido á dispoñibilidade de persoal especializado a xornada completa

Costa da Morte

Balance máis que positivo e un notable incremento de usuarias con respecto ao últimos anos no Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade Funcional do Rural que ven de clausurar a edición 2022/2023.

Dende o pasado mes de setembro, foron atendidas  preto de 70 mulleres (68), a maioría delas con disCapacidade e residentes en concellos rurais da Costa da Morte con baixa densidade de poboación.

Ao longo deste exercicio rexistrouse un maior incremento de intervencións na área psicolóxica debido á dispoñibilidade a xornada completa de persoal especializado na atención individualizada e a mediación familiar e/ou intercultural para a resolución de conflitos no ámbito doméstico .

Por outra banda, realizáronse numerosas actuacións encamiñadas á orientación e información sobre recursos singularizados, de atención e asesoramento persoal e social, así como de apoio directo nas relacións con outras entidades, organismos e servizos para facilitar ás persoas usuarias a súa integración social. De feito, un dos máis demandados nos últimos meses foi o acompañamento a centros sanitarios e outras administracións públicas ou en entidades bancarias para a realización de trámites básicos. As accións de orientación laboral e o seguimento na busca de emprego seguen sendo, xunto coa realización de actividades para a mellora da empregabilidade, unhas das prestacións máis requiridas polas usuarias, que nesta edición posibilitaron ata cinco insercións laborais.

Este servizo, promovido pola asociación Íntegro e co-financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade de Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo (FSE), ao abeiro do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, está encamiñado a fomentar a igualdade de oportunidades e contribuír a diminuír a tripla discriminación á que están sometidas moitas das beneficiarias do programa.

Programa formativo

Neste último ano, leváronse a cabo con gran éxito varios talleres sobre afectividade e sexualidade; habilidades pre-laborais, sociais e domésticas; resolución de conflitos; auto-coidados; manexo do teléfono móbil e bo uso das redes sociais en colaboración coa Garda Civil, e busca activa de emprego.

Dende Íntegro recordan que se es muller, con ou sen discapacidade, resides no rural e queres recibir formación ou precisas apoio e/ou asesoramento, non dubides en poñerte en contacto con Íntegro chamando ao 981 734 985 ou enviando un mail a info@integro.es.

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir