Salvaterra de Miño remata as obras de mellora e reparación nas Casas Culturais de Fiolledo, Corzáns, Meder, Leirado, Soutolobre, Lourido e Alxén
As obras forman parte dun plan de mellora dos servizos municipais a través do Plan Concellos da Deputación Provincial


O Concello de Salvaterra de Miño vén de rematar as obras de mellora e reparación nas Casas de Cultura de Fiolledo, Corzáns, Meder, Leirado, Soutolobre, Lourido e Alxén.
Estas obras enmárcanse dentro do plan de mellora nos servizos e infraestruturas que o Concello está realizando que consisten na reposición de tellas e arranxo no tellado, limpeza de cuberta, aplicación de hidrofugante, formación de caneletas, reparación de grietas e pintado exterior.