“Baños de natureza” no Monte Santa Trega
El concello da Guarda organiza unha estancia no bosque o domingo 9 de xullo

Cartel da actividade Baños de Natureza que organiza o concello da Guarda

A Guarda
A terceira edición do “Sostendo o Futuro” continúa en verán cunha actividade novidosa. O vindeiro domingo día 9 de xullo realizarase "Baños de Natureza" no Monte Santa Trega, unha estancia no bosque para coñecer e profundizar na nosa conexión coa natureza con axuda dos 5 sentidos.
Experimentar o equilibrio e benestar co que nos agasalla o canto dun paxaro ou a suavidade do vento. Exercicios que estimulan os sentidos mentres facemos o camiño, así como coñecementos sobre plantas e árbores e da natureza en xeral. As inscricións están abertas no 986 61 00 00 ou en medioambiente@aguarda.es.
Esta actividade terá lugar ás 10:00h con saída dende a Casa Forestal do Monte Santa Trega e cunha duración aproximada de case 2 horas. Trátase dunha actividade pensada para adultos e crianzas cun cupo máximo por grupo de 18 persoas.
Tamén en xullo, o día 21, realizarase na Xunqueira de Salcidos a actividade “Bolboretas nocturnas”, unha actividade cunha duración aproximada de entre tres e catro horas que arrancará ás 21:15h.