A torre de xogo máis alta do Val Miñor está en Nigrán
O elemento, de 10 metros de altura e con forma de foguete, xa está aberto ao público


O Concello de Nigrán abríu onte ao público a gran torre escalable de 10 metros de altura e con forma de foguete que preside o espazo central, no mesmo lugar que ocupaba unha fonte ornamental inutilizada. Aínda que xa en uso, será inaugurado oficialmente o luns 26 de Xullo a partir das 18:30 coa presencia de ‘Benito e Rufina’, de Troula Animación.
A torre constitúe por si mesma o elemento de xogo máis grande da comarca e contribuirá a dinamizar un espazo en pleno centro e totalmente en desuso ao carecer de atractivos para a infancia ao marxe dun pequeno parque nun lateral. Conta cun tobogán recto nun primeiro nivel e outros dous tubulares a máis altura, o superior deles a 7 metros e cunha disposición en espiral.
Adicionalmente, o chan cubriuse de caucho para outorgarlle a máxima seguridade.
“É unha torre coas máximas garantías de calidade e seguridade infantil que vai transformar a vida nesta praza e a darlle un pulo inmenso”, destaca o alcalde, Juan González, quen incide que a súa praza veciña, na Biblioteca, tamén dispón dun proxecto para outorgarlle un uso multifuncional con especial atención a infancia e disporá de fontes de auga recreativas como gran novidade na comarca.