Máis de 200 deportistas daranse cita na V edición da andaina Ruta Porta do Cañón do Sil
O recadado na andaina irá destinado á investigación do cancro infantil e a enfermidade de Duchenne

Presentacación da V Ruta Porta do Canon do Sil. Participan Rosendo Fernández (Vicepresidente da Deputación Ourense), Carlos Gómez Blnaco (Alcalde de Xunqueira de Espadanedo) e María Alonso Conce (Presidenta da Asociación Cultura Os Xuncos - Xunqueira de Espadanedo). / Alberte Paz Deputación Ourense

Máis de 200 deportistas daranse cita este domingo, 25 de xuño, na quinta edición da andaina solidaria Ruta do Cañón do Sil.
A proba está organizada pola Asociación Cultural Os Xuncos e conta coa colaboración da Deputación de Ourense e o Concello
de Xunqueira de Espadana. O recadado na andaina irá destinada á investigación do cancro infantil e a enfermidade de Duchenne.
A andaina comezará ás 9:00 horas do domingo e está deseñada para que os participantes poidan descubrir o patrimonio cultural e natural da
Ribeira Sacra.
Existen dúas posibles rutas na proba. A primeira ten un percorrido de 17.21 quilómetros en plena Ribeira Sacra e segue un itinerario recentemente sinalizado
e acondicionado. No traxecto conta con varios carteis de información, dous puntos de avituallamento e un par de miradores.
O inicio e final do percorrido é o mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo, un dos máis destacados da Ribeira Sacra. Esta edición tamén inclúe
unha ruta de 8.5 quilómetros, máis accesible para todos os públicos e cun punto de avituallamento.