Eirís celebra a súa Festa da Fresa con repartición gratuíta de 50 quilos
O barrio coruñés conmemora a súa tradición produtora de amorodos

Entrevista a Mónica Díaz, de la Asociación de vecinos de Eirís (23/08/2022)
07:29
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
A Coruña
Os veciños do barrio de Eirís na Coruña teñen esta tarde a súa cita anual cos amorodos. A partir das seis e media comeza a Festa da Fresa coa repartición gratuíta de 50 quilos desta froita. Eirís foi no seu momento unha importante zona produtora e os veciños queren ensalzalo cada agosto no marco das Festas de María Pita.
A presidenta da Asociación de Veciños, Mónica Díaz, considera que a exposición do mellor amorodo é unha cita coa tradición que non se pode perder.
A degurstación de amorodos comeza ás seis e media -primeiro para os nenos e nenas e logo ata que se acaben- pero a festa iniciarase dúas horas antes coa actuación do Mago Rafa. Acabará coa Gran Oquesta Marbella, a partir das 23 horas sen que antes falte o baile tradicional, o fútbol e a música da Trova Coruñesa e o grupo Culimaia. As actividades -a excepción do fútbol- celebraranse no parque de Eirís, na zona da cúpula.