51 galegas participaron no programa de FEAFES para mellorar a saúde mental das mulleres
A federación ve necesario incluír perspectiva de xénero na atención psicolóxica, a incidencia de violenca machista nas pacientes é ata 4 veces maior

Entrevista a Marta Amor, ederación de Asociación de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (FEAFES) (31/08/2022)
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
A Coruña
A Federación de Asociación de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (FEAFES) concluíu o seu programa de axuda ás mulleres con problemas de saúde mental. Unha iniciativa anual que contará cunha nova edición. No último exercicio 51 mulleres melloraron o seu benestar psicolóxico grazas a esta prestación.
No campo das enfermidades mentais é fundamental ter en conta o xénero do paciente e as súas implicacións, aseguran desde FEAFES. A responsable deste programa na Coruña, Marta Amor, lembra que as mulleres con este tipo de problemas son un colectivo invisibilizado que sofre "unha tripla discriminación". Os esteriotipos que acompañan á discapacidade e á saúde mental que ven agravados pola discriminación derivada de ser muller.
Amor recalca a necesidade de abordar o campo da saúde mental con perspectiva de xénero. As mulleres que padecen algunha enfermidade mental presentan maiores dificultades de acceder a un traballo e, con iso, aumentan as probabilidades de depender da súa parella e de carecer de autonomía propia. A violencia de xénero é entre 2 e 4 veces máis frecuente entre mulleres con problemas de saúde mental que do resto de mulleres.
O programa de FEAFES conta con financiamento da Consellería de Igualdade. Existen dúas ramas diferenciadas: sesións de atención personalizada e especializada no campo psicolóxico e xurídico e reunións grupais para mellorar a súa autoestima e autocuidados.