Política | Actualidad

O pleno de investidura de Corcubión terá que esperar ao 7 de xullo

A impugnación dun voto por parte do PaCor obriga a retrasar o cambio de goberno

A Xunta Electoral de Zona ven de comunicarlle ao concello de Corcubión que non se poderá celebrar o pleno de investidura ata que a Xunta Electoral Central decida sobre o recursos presentado polo PaCor. O Partido liderado por José Ramón Rojo reclama a nulidade dun voto do Partido Popular por estar pintado con rotulador, se a XEC lle da a razón Rojo conseguiría un concelleiro que perdería o Partido Popular.

Esta decisión da XEZ responde á pregunta feita polo o Concello logo de que a secretaria municipal convocas para o sábado 17 ás 12 do mediodía o pleno de investidura, pero dado que aínda non hai resloución á reclamación do PaCor e que unha vez coñecida podería haber recurso, a Xunta de Zona seguindo as indicacións da provincial acordou retrasar o pleno de investidura á seguinte data prevista por lei que sería o 7 de xullo.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00