Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo Miño
Política

Tomiño renova o seu convenio coa Agrupación Musical de Goián

A axuda de 25.000 euros permite á entidade manter uns servizos e programación estable

Alexandre Pérez, Sandra González, Pilar Ramos y Pedro Villarroel durante la firma del convenio del concello de Tomiño con la Agrupación Musical de Goián.

Tomiño

Tomiño mantén o seu compromiso coa Agrupación Musical de Goián. O Concello vén de asinar por terceiro ano consecutivo coa Asociación Sociocultural de Goián un convenio de 25.000 euros co que se subvencionará a actividade anual da Escola de Música e da propia agrupación musical.

A alcaldesa, Sandra González, asinou o convenio coa presidenta da Agrupación Musical de Goián, Pilar Ramos, nun acto celebrado no salón de plenos do Concello ao que tamén asistiron o vicepresidente da AMG, Alexandre Pérez, e o director da agrupación e das bandas de música, Pedro Villarroel.

O Concello de Tomiño renova este convenio que é de vital importancia tanto para a Escola de Música como para a Agrupación Musical de Goián, xa que se trata dunha fonde de financiación directa que se traduce nunha maior estabilidade. Entre outros aspectos, a través desta axuda financiarase a impartición de clases na Escola de Música, a preparación do alumnado para a súa posterior incorporación aos Conservatorios Profesionais de Música, as audicións trimestrais, a realización de concertos de diversa índole, a realización e organización de eventos culturais no Concello, a organización do Campamento Musical no verán ou a participación en festivais e certames competitivos a nivel provincial, autonómico, estatal ou internacional.

Con 25 anos de historia, a Agrupación Musical de Goián dá a oportunidade a nenos e nenas de mergullarse no coñecemento da música grazas á profesionalidade coa que se traballa na Escola de Música de Tomiño, que ten preto de 150 alumnos. Esta entidade conta no seu haber con máis de 500 actuacións e máis de 4.000 horas de formación académica, contribuíndo ao fomento, desenvolvemento, promoción e difusión da música e da formación musical como vehículo de expresión artística e pedagóxica.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00