O presidente da Real Academia Galega, sobre Tanxugueiras: "Usan o galego cunha forza que as sitúa onde están"
Considera a espectación social que levantou o fenómeno de As Tanxugueiras como expresión dunha nova corrente a favor do uso do galego entre os mozos
Entrevista a Víctor Freixanes, presidente da RAG (01/02/2021)
09:21
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
A Coruña
O presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, considera a espectación social que levantou o fenómeno de As Tanxugueiras como expresión dunha nova corrente a favor do uso do galego entre os mozos, sobre todo entre as mulleres. Sinala que, á marxe do resultado do festival, polémica na que prefire non entrar, o apoio popular recibido polo grupo faias triunfadoras.
Convida a seguilas a elas e a todas as correntes musicais que incorporan o galego desde o pop, o rock ou o rap. Considera que o maior desafío que ten a lingua galega é inscribirse na vida urbana e periurbana para pervivir no futuro.
Freixanes sinalou que a mediados de decembro os seguidores do portal dás palabras escolleron a palabra Tanxuguerias como palabra do ano.
Cúmprese o aniversario do falecemento de Manuel Murguía, o primeiro presidente da Real Academia Galega, alá por 1906. Freixanes defendeu a achega da Coruña á consolidación e o uso da lingua propia de Galicia ao longo da historia.