'A letra do Reino', o proxecto que lanza luz sobre a tipografía que usaba o Reino de Galicia hai séculos
É un dos proxectos seleccionados pola Deputación da Coruña para os fondos culturais do Reino Medieval de Galicia


A Coruña
O Reino de Galicia xa conta con tipografía propia. A Deputación da Coruña anunciou o gañador dos fondos culturais do Reino de Galicia. 'A letra do Reino' foi o proxecto gañador. Unha iniciativa que, tras estudar e analizar documentos e manuscritos do século V, conseguiu reconstruír a que sería a tipografía do Reino de Galicia.
Aos premios presentáronse 127 proxectos que recuperan a historia do Reino de Galicia. 20 deles poderán levar a cabo. O obxectivo da inciativa é esclarecer a verdadeira historia dun período do que se descoñece a súa historia origical, aseguran desde a Deputación. Xurxo Couto, deputado da área de Cultura.
Calquera usuario pode descargar a tipografía do Reino Medieval de Galicia desde a súa páxina web https://aletradoreino.gal/. O director do proxecto, Alberte Sánchez, animou á administración para incluír esta tipografía en campaña e proxectos relacionados coa historia galega.