La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad | Actualidad

Obradoiro de cociña infantil de balde no mercado de Baiona o vindeiro sábado 3 de xuño

Para participar é necesaria a inscrición no correo electrónico concelleria.mercado@baiona.gal

O concello de Baiona organiza un obradoiro de cociña saudable para nenas e nenos. Nel aprenderán a coñecer novas receitas coa campaña “Quere o teu mercado”, unha iniciativa que busca dinamizar os mercados e prazas de abastos, enchéndoos de actividade e de vida e fomentando o consumo de produtos locais entre a veciñanza.

O obradoiro de cociña infantil será para cativos e cativas a partir dos 5 anos o vindeiro sábado 3 de xuño, unha actividade que terá lugar de 11h30 a 13h00 na plaza de abastos de Baiona.

Desde o Concello de Baiona anímase a todos os pais e nais do concello a que veñan cos seus fillos e fillas a compartir unha mañá diferente na que aprenderán a preparar divertidos pratos e a gozar da cociña. As inscricións son gratuítas. Para participar é necesaria a inscrición no correo electrónico concelleria.mercado@baiona.gal

Os nenos e nenas participantes elaborarán e degustarán un menú saudable con produtos que poden atoparse na Praza de Abastos Municipal de Baiona. Esta iniciativa, desenvólvese ao arredor do 27 de maio, Día do Mercado, que en Galicia está promovida pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta en colaboración cos concellos. Como o día 27 de maio é a xornada de reflexión, aprázase dita celebración para o día 3 de Xuño.

O obxectivo da campaña é levar a cabo unha actividade e conseguir así, dinamizar a praza de abastos.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00