Política | Actualidad

Perfil de Marián Ferreiro | Unha apaixoada das posta de sol a da música de Vetusta Morla

A candidata de TEGA á Alcaldía de Narón responde a un test de dez preguntas para coñecer mellor as súas inquietudes e gustos

Marián Ferreiro, candidata de TEGA á Alcaldía de Narón (foto: Terra Galega)

Marián Ferreiro, candidata de TEGA á Alcaldía de Narón (foto: Terra Galega)

Narón

Comprometida, perfeccionista e dialogante, así se define a candidata de Terra Galega á Alcaldía de Narón, Marián Ferreiro. Para a súa familia e amizades é leal e ademais unha boa anfitriona. A felicidade para Ferreiro está neses pequenos momentos coa xente que quere, mentres que as inxustizas e as mentiras son, para ela, as peores pedras que pode atopar no camiño.

Se a candidata de TEGA tivera un orzamento ilimitado en Cultura, programaría un concerto de Vetusta Morla no Pazo. A súa canción favorita non é do grupo indie, senón de Chris Isaak: Wicked Game. A última película que viu Marián Ferreiro é Air, a serie Rapa e o libro A praia dos afogados, de Domingo Villar.

O que máis lle gusta da localidade é a súa xente e o sentimento de orgullo que a veciñanza ten de ser de Narón. Se algo lle falta ao municipio, en opinión da candidata, son praias máis accesibles. A senda Ártabra é un dos seus lugares predilectos de Narón, e fóra da localidade quédase con calquera lugar onde ver unha posta de sol.

Seguro que en Perbes, onde pasou Marián Ferreiro os veráns da súa infancia, atesorou moitas postas de sol. Precisamente, nas derredeiras horas do día, nesas reflexións ao rematar a xornada pensando que todo o esforzo realizado pagou a pena, é onde atopa a candidata as forzas para afrontar un novo día.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00