Sementeira comunitaria lúdica e educativa en Chandebrito
A Fundación Matrix organiza unha sementeira de millo na parroquia de Nigrán para promover a recuperación de leiras abandonadas


A Fundación Matrix, Investigación y Desarrollo Sostenible, con sede no campus da Universidade de Vigo, realiza o proxecto de I+D AGRIECO, que impulsa a recuperación de terras abandonadas mediante a produción ecolóxica de diferentes variedades de millo, incluíndo autóctonas.
Implicar as persoas da propia localidade en actividades que fomenten a cohesión social entre os seus membros e os vínculos co seu medio ambiente. Por este motivo, unha “Sementeira Comunitaria de Millo” con e para as persoas da parroquia de Chandebrito, grazas ao apoio e colaboración da Asociación Veciñal e Cultural ‘O Castro’ e a Asociación de Mulleres Rurais de Chandebrito. Esta actividade levarase a cabo o sábado 20 de maio nunha finca situada na Cova de Lobos as 11:30 h. Conta con apoio institucional do Concello de Nigrán.
Esta actividade concíbese como un plan atractivo para levar a cabo en familia e que se adapta a todos os rangos de idade. Os e as máis pequenos/as acudirán a sementar o millo dunha forma divertida para que poidan aprender a reflexionar sobre os procesos naturais e a importancia de coidar o medio ambiente.
Unha contacontos, experta en dinamización sociocultural, narrará a historia do millo en Galicia. Esta actividade levarase a cabo no local da Asociación de Mulleres Rurais. De este modo, os/as máis pequenos/as aprenden os valores identitarios do patrimonio cultural rural galego, á vez que as familias recordan aquelas épocas nas que se cultivaba e sementaba millo de forma tradicional.
O proxecto AGRIECO promove a produción sostible e o consumo responsable de alimentos de Galicia. Recoñece as extraordinarias aptitudes do noso medio rural para a produción agrícola, conservando a biodiversidade e a paisaxe, evitando o uso de praguicidas e fertilizantes químicos.
Implicar á sociedade é unha das accións máis necesarias para unha alimentación saudable e sostible. Javier Montalvo, Profesor de Ecoloxía na Universidade de Vigo e director da Fundación Matrix e do proxecto AGRIECO, afirma que “a mellor educación agroambiental e alimentaria é a que conecta ben coas persoas, a que chega máis ao corazón, que gusta e emociona”.