Ocio y cultura

A presentación do 'Diagnóstico Poético' prolonga os actos das Letras Galegas en Xinzo

A obra de Rochi Novoa contará con apadriñamento do profesor Cándido Paniagua, e a actuación musical do coro Aimil

A obra pretende ser tanto unha porta cara a poesía coma unha guía didáctica

A obra pretende ser tanto unha porta cara a poesía coma unha guía didáctica

Xinzo de Limia

A literatura inundou a comarca da Limia durante o Día das Letras Galegas. Coincidindo coa homenaxe este 2023 á figura de Francisco Fernández del Riego, o Concello fallaba o concurso de Relatos Carlos Casares. O relato titulado “Vivir na aldea”, que fala sobre as bondades de vivir no rural, foi un dos gañadores na categoría de primaria do Concurso Literario Carlos Casares que convoca o Concello. As preocupacións dos máis pequenos, ademais das súas paixóns refléxanse nos seus traballos, dos que o xurado destacou a gran calidade. A entrega de premios fíxose na Praza Maior.

La poetisa Rochi Novoa presenta su 'Diagnóstico Poético' en Hoy por Hoy A Limia

09:01

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Non foi o único acto programado con motivo das Letras Galegas. A nova edición en ucraíno de “A Galiña Azul”, unha das obras máis coñecidas de Carlos Casares, tamén foi presentada neste escenario. A Fundación Carlos Casares vén de reeditar unha edición revisada dos anos oitenta e na vila limiá deuse a coñecer; coincidindo coa recente decisión do consistorio de adquirir un inmoble na propia Praza Maior da Vila, que se adicará a un museo ó escritor, e incluirá a colección legada a Xinzo que se atopa nestes momentos no Museo do Entroido.

Para esta tarde está prevista a presentación do libro “Diagnóstico poético. Os versos que levas dentro”, da poetisa, escritora e mestra Rochi Nóvoa. Será no Auditorio a partir das oito da tarde. O escritor e profesor limiao Cándido Paniagua será o encargado de presentar a obra e o acto contará coa actuación musical do Coro Aimil. A autora atendía a chamada de Hoy por Hoy A Limia para explicar algúns detalles da obra. “Naceu en Polonia, grazas a unha bolsa da Deputación. Levaba unha idea que rematou sendo diferente ó que resultou. Pedín permiso para variar o proxecto, non houbo problema, e así xurdiu”.

Parte desa idea mantívose, aínda que a obra tivo que reescribirse por completo, pasando a ser un libro dividido en apartados, que acepta distintas lecturas en tempo e forma. “Podemos lelo como un poemario, coma unha guía de poesía e incluso coma un xogo; e agardo que se alguén se anima a montar un deses xogos, mo faga chegar” recoñece Novoa; quen busca ó mesmo tempo distanciarse dos poetas galegos de vangarda para centrarse na ensinanza e xerar recursos en galego que podan ser bonitos para a ensinanza da poesía. “Hai bastante falta de material divertido e asequible. Na milña opinión, hai moita ferruxe, e deberíamos buscar a poesía en outros puntos. Fago unha especie de recapacitación para ver qué podo aportar, e que a poesía poida ser cercana”.

Álvaro Rodríguez de Uña

Álvaro Rodríguez de Uña

Nacido en 1988 en Ourense, y licenciado en periodismo por la Universidad de Navarra. Se incorpora a...

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00