La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad
Festa da Rosa

Bustamante na Festa da Rosa de Mos

A alcaldesa e a Directora de Turismo de Galicia presentaron a programación organizada para a 50 edición da festividade local

A Festa da Rosa cumpre 50 anos desde a primeira edición celebrada no 1973. E para celebralo, nesta edición celébrao, tal e como adiantou TeleVigo, cun concerto de David Bustamante, cabeza de cartel da programación deste ano.

Na presentación da L Edición da Festa da Rosa que tivo lugar no Pazo de Mos estiveron presentes a Directora Turismo de Galicia, Nava Castro, a Alcaldesa, Nidia Arévalo, representantes da productora Esmerarte e das asociacións culturais mosenses como a Asociación de Hostaleiros, Mulleres Rurais, os clubes deportivos implicados na programación, o gaiteiro Xulio Lorenzo, membros da directiva da Fundación Pazo de Mos, a Concelleira de Cultura, Turismo e Participación Cidadá, Sara Cebreiro e demáis membros do Goberno local.

Programación cultural e deportiva da Festa da Rosa 2023

Venres 9 ás 22h00, concerto de David Bustamante no Campo de Fútbol das Baloutas (prezo das entradas: 15€. Á venda en Ataquilla.com)

Domingo 11 ás 18h00, Festival Abrente Folk no Auditorio de Torroso.

O domingo celébrase O Día Grande da Rosa dende as 10h00 na Praza do Concello coa exposición e apertura do concurso de rosais. Despois virá a misa solembre e ás 12h00 terá lugar o pregón. Ás 12h30 coñecerase o veredicto do Concurso de Rosas e Concurso de Empanadas de Pan de Millo e a xornada pecha ñas 13h00 cunha actuación musical.

As actividades continuarán ao longo dos seguintes días, non só no centro da vila, senón tamén nas parroquias. Haberá xornadas formativas, exposicións e teatro durante esas xornadas.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00