Volve o Correlingüa ás rúas da Coruña o 5 de maio
2.000 alumnos da comarca participarán na 23 edición da carreira desde Riazor ata a Torre


A Coruña
Correlingua volve ás rúas. Tras a paréntese dos anos de pandemia e con 23 anos de vida, a carreira popular en reivindicación da normalización do galego celebrarase o 5 de maio con saída ás 11 da mañá de Riazor, camiñada polo Paseo Marítimo ata chegar á Torre. Uns 2.000 alumnos están citados baixo o lema "Na casa, na escola. Bota a Lingua Fora". A coordinadora do evento, Celia Armas, destacou na presentación a importancia de que estas iniciativas sigan celebrándose en defensa da lingua propia.
Na contorna da Torre celebrarase o fin de festa coa actuación de Cuarta Xusta con clausúraa a cargo da alcaldesa da Coruña, Inés Rey. O Concello investiu este ano 800.00 euros. Nesta edición do Correlingua participan unha vintena de centros escolares da comarca.