O Concello de Ribadavia festexa o Día da Nai cun concurso
Haberá premios para os que participen

Dibujo infantil / Getty Images

Ribadavia
Este domingo 7 de maio celébrase o Día da Nai o Día da Familia. Desde o Concello de Ribadavia queren animar aos máis cativos, ata 12 anos, a que nos envien debuxos, dando renda solta á imaxinación e creatividade en torno aos seus seres queridos.
O obxectivo é fomentar a imaxinación, a concentración e promocionar tamén a lectura, xa que os premios consistirán en material escolar e libros adaptados á idade dos participantes.
Poden facer chegar as creacións, mediante foto ao correo cultura@ribadavia.es ou depositando o debuxo na Casa do Concello. Os datos persoais deberán aportarse de maneira separada, sen incluír no debuxo.
Consulta as bases do concurso aquí: https://ribadavia.gal/