La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad | Actualidad
Cinema galego

Nigrán pecha este domingo 30 o Ciclo de Cine Galego con "O corpo aberto"

A película de Ángeles Huerta foi a gran triunfadora dos Mestre Mateo e se basea nun relato de Méndez Ferrín

O Concello de Nigrán pecha este domingo 30 de abril ás 20h00 no Auditorio Municipal o ciclo de cine galego coa proxección de "O Corpo Aberto", de Ángeles Huerta. A entrada é de balde ata completar aforo.

Este filme foi o triunfador dos premios Mestre Mateo 2022 que otorga a Academia Galega do Audiovisual. Nela cóntanse as vivencias de Miguel, un profesor novo que a principios do século XX chega a unha aldea na montaña, entre Galicia e Portugal, onde o sobrenatural se acepta con normalidade. O profesor, de mentalidade racionalista, chocará coas creencias dese pobo onde se misturan a vida e a morte.

A película, dirixida por Ángeles Huerta, está baseada nun relato do ourensán Xosé Luis Méndez Ferrín. Protagonizan esta película galego-portuguesa Tamar Novas, Victória Guerra, María Vázquez, Federico Pérez, Elena Seijo, Miquel Insúa, José Fidalgo, Nicolás Otero e Izan González.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00