Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo Miño
Sociedad | Actualidad
Música

A Guarda acolle o 29 de abril o Concerto de Primavera

Nesta cita realizarase a estrea do pasodobre galego “A Guarda” composto por José Luís Represas

O Auditorio de San Benito da Guarda acollerá o vindeiro sábado día 29 de abril ás 20h00 o Concerto de Primavera, un evento musical que contará coa participación do Coro Cantábile, o Coro da Terceira Idade e Pensionistas da Guarda, a Coral Polifónica da Guarda e a Agrupación Musical da Guarda.

Nesta ocasión realizarase a estrea do pasodobre galego “A Guarda” composto por José Luís Represas, unha composición que, de seguro, emocionará a todos e todas as presentes neste concerto e que en palabras do seu autor “este pasodobre utiliza formas musicais do folclore galego tan recoñecibles como a alborada, a muiñeira ou a canción popular, sendo a intención última que este pasodobre poda ser cantado polo pobo”.

Nado en Xinzo (Ponteareas) dentro dunha familia de gran tradición musical, José Luís Represas Carrera é Licenciado superior en Composición, Saxofón e gaita polos Conservatorios de Vigo e A Coruña.

As súas máis de 400 composicións e transcricións foron interpretadas polas máis diversas bandas de música de España e do estranxeiro. Dende o pasodobre Xinzo, a súa maior ocupación foi a composición de música para Banda. O principal obxectivo da música de Represas é a de entreter e emocionar, condicións básicas en calquera obra, a un público que, afortunadamente, cada vez ten máis ofertas lúdicas e culturais.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00