La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad | Actualidad
Alumeado público

Redondela instala luminarias LED nas parroquias

A iniciativa xa comezou en Vilar de Infesta para continuar en Quintela ata completar todas as parroquias

A Concellería de Servizos Públicos Básicos, que xestiona Vicente Lamas e na que se inclúen os Servizos Eléctricos, está desenvolvendo un plan de renovación e modernización do alumeado público das parroquias para substituír as actuais luminarias por outra dotadas de tecnoloxía LED.

Os traballos que supoñen un investimento de 150.000 euros, serán financiados por fondos propios do Concello e realizados con persoal municipal. Evitar a externalización do servizo é, ao entender da alcaldesa Digna Rivas “un xeito de diminuír custes e ter control directo sobre os traballos que se realicen. No Concello contamos con persoal máis que cualificado no servizo eléctrico para a realización destas tarefas e que, ademais, contará co reforzamento de tres persoas contratadas a través do Plan Concellos".

“O alumeado público é un servizo básico para a cidadanía ao mellorar non só a comodidade á hora de realizar desprazamentos nas horas nocturnas, senón tamén as súas condicións de seguridade”, afirmou a alcaldesa Digna Rivas.

A iniciativa xa comezou en Vilar de Infesta para continuar en Quintela ata completar todas as parroquias con 1690 luminarias. Os traballos a realizar permiten un substancial aforro ás arcas municipais e, a maiores, reduce a pegada de carbono, diminuíndo as emisións de CO2.

A estas labores súmase o cambio do cableado do tendido eléctrico “naqueles lugares que as circunstancias e os informes técnicos o fagan preciso para, desa forma, optimizar o servizo que prestan”, explicou a alcaldesa.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00