Cinco grupos emerxentes estarán en concerto nas Festas de San Telmo
Serán Amnesia, Ola de Calor, Old Bridge, La Patrulla e Los Jinetes del Trópico

Los Jinetes del Trópico actuarán en las fiestas de San Telmo 2023 en Tui / ALBA CID

Tui
A carpa que se situará no paseo da Corredoira nas Festas de San Telmo deste ano acollerá cinco concertos de grupos musicais emerxentes.
O primeiro deles será o ofrecido por 'Amnesia' e 'Ola de calor', este domingo día 9 de abril ás 21:30 h. 'Amnesia' xurdiu hai tres anos, e está conformada por Iris Abril, Aroa Pérez, Nico Martínez, María Gomes e Sara Alonso. A súa música leva ao público aos 80 e 90 con versións internacionais, como de Beggin’, Come as you are ou Sweet dreams. Pola súa banda, 'Ola de Calor' está formada por Clara Pereira, Javier Ripplinger, Bruno Vázquez e Pablo Garea, unidos por unha casualidade no ano 2022, e que hoxe seguen dando concertos de rock e indie, con versións tanto en inglés como en español.
'Old Bridge' será o seguinte grupo que actuará en Tui, e será cun concerto o próximo venres 14 de abril ás 22:00 h. Esta banda de blues, funk, soul, rock e reggae está conformada por integrantes das dúas beiras do Miño: Valença e Tui. Son Sérgio, Lino, Bruno, Jorge, Diogo, Pedro, Eloy, Raúl e Chus. Ao día seguinte, o sábado día 15 ás 22:00 h será a quenda de 'La Patrulla', banda que naceu no ano 2015. Os seus integrantes son Ramón Santodomingo, Carlos García, Javier Castro, Diego Santamaría e Juan Manuel Álvarez. Nos seus concertos fan un percorrido por temas influínte das décadas dos 80 e dos 90 con cancións máis clásicas dos 60 e 70.
Xa o domingo día 16, a partir das 22:00 h terá lugar o último destes concertos na carpa da Corredoira, a cargo de 'Los Jinetes del Trópico', un grupo baseado na música latina, cumbia e reggaeton antimachista. Antonio “Toñyto”, Ninico el Negro e Porri “Potrillo” son os seus integrantes, que achegan a súa música animada e festiva ao público con cada concerto.