La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad | Actualidad
Semana Santa

A Concellería de Turismo de Baiona oferta visitas guiadas de balde durante a Semana Santa

As visitas son de balde pero é precisa a inscrición previa na Oficina de Turismo de Baiona

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Turismo, aposta por diferentes iniciativas coas que dar a coñecer a riqueza patrimonial e cultural do municipio con diferentes programas de visitas gratuítas durante Semana Santa.

Deste xeito, a Concellería de Turismo volva retomar a oferta de visitas guiadas durante a Semana Santa que tan boa acollida ten na Vila. A cidadanía de Baiona e as persoas visitantes poderán gozar do amplo patrimonio cultural do municipio acompañados por unha guía oficial durante o xoves, venres e sábado santo ás 11h30. O punto de encontro para a saída será o exterior da oficina de turismo de Baiona (entrada ao Parador).

As visitas son gratuítas e é necesaria a inscrición previa na Oficina de Turismo de Baiona no correo electrónico: oficinadeturismo@baiona.gal, ou por teléfono no 986 68 70 67.

Durante 90 minutos, unha guía oficial de Galicia, acompañará aos participantes durante un interesante percorrido por diferentes lugares emblemáticos da localidade entre os que se atopan o monumento Atopo Entre Dous Mundos, o Paseo Ribeira, cun percorrido polo Centro histórico finalizando no paseo marítimo.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00