Os atletas da ADC Boutureira comezan con forza a tempada
O resultado na media maratón de León supón a mínima para o campionato de España

Os atletas da ADC Boutureira comezan con forza a tempada / ADC Boutureira

Enrique Blanco Millara, lograba uns impresionantes 1 hora 14 minutos e 17 segundos na Media Maratón de León.
Este resultado supón a mínima para o Campionato Nacional de Media Maratón que o levou a terceira praza senior dos máis
dos oitocentos corredores que percorreron o ventoso circuito polo centro de León.
Este resultado, primeiro de Enrique Blanco, neste 2023 augura unha grande tempada.