Sociedad | Actualidad

Música, arte e actividades infantís encherán Ribadavia esta Semana Santa

O Concello presenta a programacaión de cara a esas datas

Cartel coa programación da Semana Santa de Ribadavia / RED

Cartel coa programación da Semana Santa de Ribadavia

Ribadavia

Musica na rúa e actividades dirixidas ao público infantil, xunto cun programa de conciliación para as vacacións dos escolares, entre o máis destacado.

Ademáis un ano máis destaca o programa a “Arte dos Monumentos”, que comezou en 2021 sempre con moi boa acollida do público, poñendo en valor os monumentos e a arquitectura local. Os días 3, 4 e 5 de abril.

Un ano máis Paula Rodríguez presenta un programa de actividades para a semana de Pascua. A tenente de alcaldesa e concelleira de cultura ven de presentar o cartel con todas as actividades do Concello de Ribadavia.

Haberá actividades de conciliación para que as familias poidan conciliar vida familiar e profesional durante os días non lectivos, 3, 4, 5 e 10 de abril, dirixido a idades de 3 a 14 anos. Programa de conciliación de Pascua iniciado por primeira vez en 2021, con Brais Fidalgo como responsable de dereitos sociais, e que desde entón tivo moi boa acollida por parte das familias.

Con respecto as citas culturais: o mércores 5 de abril haberá actuación musical, "Los lunes al sol", na Praza Maior, e o xoves, 6, e venres,7, turno para o espectáculo musical itinerante de un dúo, por diferentes zonas de Ribadavia, a partires das 12 do mediodía, o sábado, 8, actuación para todos os públicos, títeres e contacontos con Tarabelos, as 7 da tarde nos Xardinillos e xa o domingo, 9 de abril, obra de teatro Backup, as 8 da tarde, na Casa da Cultura .

Ademais, desde a Biblioteca Municipal tamén se programará a actividade infantil “ A Ramona pequena vai á A Ramona pequena vai á Lúa”, o 3 de abril ás 6 da tarde, dentro do Programa “Ler conta moito”.

Un ano máis Ribadavia programa actividades culturais no mes de abril, coincidindo coa Semana Santa, a pesar de que a finais de abril tamén haberá a Feira do Viño, cun importante esforzo do Concello.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00