La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad | Actualidad
Día da Xuventude

Porriño prepárase para o "Día da Xuventude" este sábado

A cita será de balde no auditorio exterior do Centro Cultural Municipal e de 16 a 21h

Este sábado o concello do Porriño prepara unha programación de actividades de ocio totalmente gratuítas. O auditorio exterior do Centro Cultural Municipal acollerá, de 16 a 21h, o “Día da Xuventude” organizado pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Xuventude, en colaboración co Concello do Porriño.

Os mozos e mozas participantes poderán gozar de actividades coma un Trivial sobre alimentación saudable, showcooking con produtos locais e de temporada, actividades de lecer educativo como fútbol burbulla, futbolín humano, slackline ou tiro con arco, actividades de concienciación ambiental e violencia de xénero ou obradoiros de habilidades para a empregabilidade.

Tamén poderán sacar ao artista que levan dentro co obradoiro de graffiti e a creación dun mural colectivo.

O encontro finalizará da man de DJ Pitty ás 20h30.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00