La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad | Actualidad
Memoria Histórica

Susana Villaverde gaña o III Certame de Memoria Histórica da Deputación pola obra "Espigas Negras" de microteatro

A peza aborda a historia das mulleres do Saviñao que en 1946 se enfrontaron ao réxime franquista

O departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra, da man da deputada María Ortega, entregou hoxe o premio do seu terceiro certame de Microteatro de Memoria organizado en conxunto coa Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADg) a Susana Villaverde García, alumna da ESADg, orixinaria de Vigo e veciña de Redondela, pola súa peza ‘Espigas negras’, que fala da revolta dunhas mulleres na defensa do gran que precisaban para facer o pan e que lle querían ‘roubar’.

A autora agradeceu o premio á Deputación de Pontevedra, salientando a súa grande ilusión “por ser o primeiro”. Tamén deu as grazas “ás mulleres da miña familia. A todas as que viron antes ca min e que son as que me permitiron coñecer a historia e situarme fronte a ela e abordala”. Explicou que ‘Espigas negras’ é unha peza que xurdiu “dunha comuñón entre o íntimo e o documental” abordando a historia das mulleres do Saviñao que en 1946 se enfrontaron ao réxime franquista intentando frear a saída dun camión cheo de gran da vila no momento dos duros anos do racionamento.

Pola súa banda, a deputada de Memoria Histórica María Ortega subliñou que o premio de Microteatro de Memoria organizado xunto á ESAD pretende achegar a memoria histórica a un segmento da poboación que non asiste a charlas de persoas investigadoras que falan do que aconteceu tralo golpe do 36. ”A mocidade é fundamental para transmitir a memoria. É o inicio do noso futuro. E para falar de memoria á mocidade é a mocidade a que ten que falar”.

Ortega destacou que a peza de Susana Villaverde foi elixida entre as 20 presentadas. Destacou que “toca con rigor e tamén dende a súa vivencia persoal a memoria histórica proxectando unha imaxe certa do que o pobo sufriu e como sobreviviu”. Insistiu no talento da autora e como enfocou a historia dende unha tripla perspectiva (xénero, país e clase) e salientou que, no terceiro ano do premio volve ser unha muller a gañadora. “O talento é feminino”, pechou.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00