A 60 º Feira do Viño do Ribeiro xa ten cartel
É dunha adaptación do da primeira edición, do ano 1964.
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/GWWLGKNFMBGXLBAK4QKNZPER4U.jpg?auth=04a835d7944c38ad05684081aeede60fd8d89ccb681319245e0555d820b27e32&quality=70&width=650&height=487&smart=true)
Presentación do cartel anunciador da Feira do Viño do Ribeiro 2023 / Conc
![Presentación do cartel anunciador da Feira do Viño do Ribeiro 2023](https://cadenaser.com/resizer/v2/GWWLGKNFMBGXLBAK4QKNZPER4U.jpg?auth=04a835d7944c38ad05684081aeede60fd8d89ccb681319245e0555d820b27e32)
Ribadavia
A alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez, e o presidente do Consello Regulador, Juan M. Casares, veñen de presentar, onte, o cartel da edición número 60ª da Feira do Viño do Ribeiro, que terá como data de celebración do evento os días 28, 29 e 30 de abril de 2023, no recinto da Alameda de Ribadavia.
Por mor da celebración do sesenta edición, a organización tivo a ben facer unha mención á edición inaugural a través dunha adaptación do cartel da primeira edición, do ano 1964.
O cartel está redeseñado por Francisco J. Sánchez Moreno, profesional do deseño gráfico que leva toda unha vida traballando dende Ribadavia e que está moi vencellado e involucrado coa Feira do Viño do Ribeiro dende hai moitos anos.
En referencia á “actualización” do cartel, o seu autor comenta que “tratou de manter a esencia do cartel orixinal conservando a estrutura e renovando certos detalles pero sen alterar o deseño, mantendo a estética da época.”
Nos vindeiros días darase a coñecer a programación de actividades e o listado de adegas e colleiteiros participantes.