Actualidad

Ribadavia contará con dúas novas vivendas públicas

As viviendas resultantes serán adxudicadas en réxime de aluguer cun prezo reducido

Vivendas en Ribadavia dentro do plan Rexurbe / Cadena SER

Vivendas en Ribadavia dentro do plan Rexurbe

Ribadavia

A Comisión do Plan Especial do Casco Histórico do Concello de Ribadavia aprobou, reunida onte, o Proxecto Básico de Rehabilitación dun edificio da Xunta para dúas vivendas públicas.

Este é o segundo proxecto aprobado, despois do do mes de novembro, que tamén contemplaba outras dúas vivendas.

A edificación situase na praza de San Xoán, nº3, tratase dun inmoble adquirido pola Xunta en 2021 a través do IGVS e cuxo proxecto fora adxudicado en setembro de 2022, xunto con outro ubicado na praza García Boente, que aínda se atopa en fase de redacción e que en breve será ditaminado tamén pola Comisión do Plan Especial do Casco Histórico.

Ambos foran adxudicados por un total de 121.115 euros para a redacción dos seus proxectos de rehabilitación, e adquiridos ao amparo do Programa Rexurbe por un importe de 238.000 euros pola Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

A Comisión PERI ven de dar luz verde a esta rehabilitación que permitirá ofertar dúas vivendas públicas en Ribadavia, ao mesmo tempo que posibilitará o remate desta edificación situada na praza de San Xoán ao carón da igrexa románica e que se atopa desde fai anos en fase de construción parada.

Esta edificación ten a fachada principal na praza de san xoán, mentres que a fachada lateral limita coa horta e xardín da igrexa e da casa reitoral de Ribadavia. O proxecto contempla o retranqueo da fachada, permitindo liberar a esquina da actual vivenda adosada á torre campanario, buscando darlle maior visibilidade e protagonismo á torre campanario.

A esta nova rehabilitación, hai que sumarlle o Proxecto do inmoble da rúa Cervantes, nº 16, aprobado na Comisión de novembro e que actualmente atopase xa en fase de execución, polo que se atopa na última fase antes da súa adxudicación.

Estas 2 actuacións, praza San Xoán e Rúa Cervantes, xa aprobadas na Comisión PERI súmanse a outras en marcha en Ribadavia, como é a que se levará a cabo no inmoble da praza García Boente, cuxo proxecto tamén se atopa en fase de redacción e que será a próxima en acudir a esta Comisión. Esta edificación é a de maior tamaño e contempla 5 vivendas.

Ademais, o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) ten adquiridas 4 inmobles máis no marco da oferta pública de adquisición tamén do programa Rexurbe 2022, dúas na Travesía da Portanova, outra na rúa Portanova de arriba, e unha cuarta na rúa de Santiago.

Una vez rehabilitados os inmuebles, as viviendas resultantes serán adxudicadas en réxime de aluguer cun prezo reducido para todas as persoas inscritas no Rexistro do Instituto Galego de Vivenda e Solo.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00