A doazón convertida en arte
A Asociación San Xerome Emiliani organiza a súa primeira exposición solidaria para recaudar fondos de cara ao seu proxecto residencial
Entrevista a Feliciano Valcárcel por la exposición Fogares Sanxe en A Guarda
05:48
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
A Guarda
Unha exposición de arte e mercadillo de antigüidades solidarios é a nova proposta que lanza a Asociación San Xerome Emiliani e que se abrirá ao público este fin de semana.
Os fondos recadados destinaranse ao proxecto FoGaReS SaNXe. Este proxecto prevé a rehabilitación do Antigo Colexio das Carmelitas na Guardapara construír 30 vivendas onde poderán vivir ata 60 persoas con diversidade intelectual do Baixo Miño.
Os obxectos da exposición e do mercadillo foron doados por numerosas persoas que quixeron colaborado co evento. En particular hai diferentes obras de arte doandas polo artista Juan Vidales Pousa, esculturas doadas pola Fundación Xoán Piñeiro, obxectos de anticuariado como cámara fotográfica, máquina de escribir Olivetti, máquina de coser Singer e outros obxectos. Non faltarán instrumentos musicais como altofalantes, bombos, etc.
A exposición estará aberta ao público o sábado 11 e domingo 12 de marzo , de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00h, na sede da Asociación San Xerome Emiliani, na Rúa Galicia 23 de A Guarda.